“Polo San Martiño, trompos ao camiño”
Un ano máis, adherímonos á iniciativa e propostas de Brinquedia, na procura da recuperación deste xogo tradicional.
Durante a semana do 7 ao 11 de novembro levamos a cabo as actividades propostas por Brinquedia e outras de iniciativa propia.
- EXPOSICIÓN DE VARIEDADE DE TROMPOS E TRABALLOS RELACIONADOS.
- PROXECCIÓN DURANTE A SEMANA DO VÍDEO DO EVENTO DO CURSO PASADO.
- OS ALUMNOS DE 3º CICLO, PREVIA PREPARACIÓN DA ENTREVISTA, MANTIVERON UNHA CHARLA-COLOQUIO CON EDUARDO "CASURRAS", CARPINTEIRO EXPERIMENTADO NA CONSTRUCIÓN E NO XOGO DO TROMPO.
- NA XORNADA DO DÍA 11, NENOS E NENAS, FAMILIARES E PROFES FIXEMOS BAILAR OS TROMPOS E TAMÉN BAILAMOS TODOS AO RITMO DA CANCIÓN "Como o trompo". (Trataremos de subir algúnvídeo).
Os alumnos/as de 6º, guiados e coordinados pola titora Domitila Mayo, elaboraron un traballo xeitoso sobre algunhas das actividades. Podedes comprobalo no seguinte enlace: